Dionisio e Ampelos

Dionisio e Ampelos

Grupo escultórico atopado no xacemento de Muradella en Mourazos (Verín) e conservado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Datado no s III é, probablemente, unha obra de importación. Feito en mármore, interpretouse como a representación de Dióniso acompañado do seu sátiro Ampelos. O deus represéntase de pé nunha postura de tipo praxiteliano, non conserva a cabeza nin o brazo dereito e co esquerdo apóiase no pescozo do sátiro. A figura deste é de menor tamaño e está sentada sobre un tronco de árbore. Está moi deteriorado.