dipéptido
dipéptido
(< 2 di- + péptido)
s
m
[BIOQ]
Composto formado por dous aminoácidos, que resulta da unión entre o grupo carboxilo (-COOH) dun aminoácido, co grupo amino (-NH2) do segundo aminoácido, mediante o enlace peptídico. A orixe de moitos dipéptidos é a hidrólise parcial das proteínas e, por hidrólise dos dipéptidos, obtéñense os dous aminoácidos.