diplomacia
(
-
s
f
[HIST]
Ciencia ou coñecemento do procedemento para establecer e manter relacións internacionais mediante tratos e negociacións, e para representar un Estado. A súa existencia remóntase á aparición dos primeiros soberanos, aínda que non adquiriu un carácter de organización fixo, con embaixadores permanentes, ata finais da Idade Media. Contemporaneamente á consolidación dos estados nacionais, creáronse corpos estables de funcionarios encargados das relacións cos gobernos estranxeiros. A diplomacia determinou a creación de organismos e de normas, sobre a base das que se formou boa parte do dereito internacional. Non obstante , despois das dúas guerras mundiais tendeuse á creacion de organizacións supraestatais para reducir as tensións diplomáticas.
-
s
f
Carreira ou cargo de diplomático.
-
s
f
Conxunto da organización e do persoal encargado das relacións oficiais internacionais, en nome dun determinado goberno ou dunha determinada organización internacional.
-
s
f
Habilidade ou astucia para levar a cabo un asunto delicado ou para tratar con persoas.