Diplotaxis
Diplotaxis
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, con numerosas follas caulinares e flores amarelas, de estigma enteiro e dispostas en acios, que dan lugar a froitos en silicua moi alongada, co nervio medio marcado e sementes dispostas en dúas ringleiras. En Galicia están presentes, en terreos ermos ou en entullos, as especies D. catholica, D. muralis e D. viminea.