Dipsacus
Dipsacus
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das dipsacáceas, ao que pertence a especie D. fullonum, denominada cardo peiteador ou cardencha, de capítulos formados por pequenas flores bilabiadas con catro estames. É unha planta bienal, de ata 200 cm de altura, de follas opostas, enteiras e cubertas de aguillóns. As inflorescencias rosáceas e espiñentas teñen forma oval e un tamaño de ata 8 cm.