directo -ta

directo -ta

(< lat directu p p de dirigĕre ‘dirixir’)

  1. adx

    Que vai en liña recta ou que segue a mesma dirección durante o seu curso.

    Ex: Este camiño vai directo á túa casa.

  2. adx
    1. Que non presenta interrupcións nin se desvía.

      Ex: Mercaron un espectroscopio de visión directa para o laboratorio.

    2. Aplícase ao transporte de pasaxeiros, especialmente o tren, que vai cara a un sitio sen facer paradas intermedias ou parando só nas estacións máis importantes.

      Ex: O TRD é un tren directo. O avión que vai a Madrid non fai escala, é un voo directo.

    3. Serie de graos de parentesco entre persoas que descenden unhas das outras.

      Ex: Descubriu que o asasino era un primo directo da súa muller.

  3. Antónimos: indirecta.
    1. adx

      Que se fai sen intermediarios ou sen a intervención doutras persoas.

      Ex: Con internet pódese acceder á venda directa mesmo sen saír da casa.

      Antónimos: indirecta.
    2. adx e s f [TECNOL]

      Aplícase á marcha que se transmite á árbore secundaria coa mesma velocidade da primeira. Tamén se denomina marcha directa.

  4. adx
    1. Aplícase ás persoas que falan sen rodeos e afrontando as situacións abertamente.

      Ex: Foi moi directo, díxome que non me quedaba ben o novo peiteado.

    2. Aplícase ao discurso ou á linguaxe que expresa dunha forma clara o pensamento dunha persoa.

    1. adx

      Que segue a orde normal ou máis xeral. OBS: Emprégase por oposición a inverso.

      Ex: O exame consistía nunha tradución directa dun texto clásico.

    2. demostración directa [FILOS]

      Demostración que parte das hipóteses para chegar á tese a través das deducións pertinentes.

    1. s m [COMUN]

      Emisión ou programa televisivo ou de radio transmitido no mesmo momento no que se efectúa. OBS: Normalmente, emprégase a locución en directo.

    2. s m [MÚS]

      Música que se executa en vivo, isto é, interpretada no momento da actuación. OBS: Normalmente, emprégase a locución en directo.

    3. gravación en directo [MÚS]

      Gravación que recolle unha actuación sen eliminar o son de ambiente.

  5. caso directo [LING]

    nominativo.

  6. complemento de obxecto directo [LING]

    complemento de obxecto directo.

  7. estilo directo [LING]

    estilo directo.

  8. falta directa/golpe franco directo [DEP]

    Lanzamento contra a portería defendida polo equipo contrario que se executa desde a posición onde foi cometida unha falta ou no lugar que este determine, e co que se reanuda o xogo.

  9. golpe directo [DEP]

    En boxeo, golpe rápido que se executa prolongando o brazo paralelo ao chan á altura do propio ombreiro e proxectando cara a diante o corpo, co que se lle proporciona maior contundencia á pegada.

  10. opoñente directo [DEP]

    Xogador defensor respecto ao xogador atacante que lle corresponde marcar segundo o sistema defensivo que aplica o seu equipo.