disciplina
(< lat disciplīna)
-
Antónimos:
indisciplina.
-
s
f
Obediencia dunha persoa ou colectividade a unhas determinadas normas de conduta.
Ex: Aquel colexio era coñecido pola súa forte disciplina.
Antónimos: indisciplina. -
s
f
Conxunto de regras ou normas que rexen a conduta dunha persoa ou colectividade.
Ex: Foi xulgado segundo o código de disciplina da orde.
-
s
f
Instrución física, mental ou moral á que se somete unha persoa para conseguir algo.
Ex: Para preparar as probas físicas das oposicións segue unha disciplina moi dura.
-
consello de disciplina
Consello encargado de que se cumpran as regras e normas que marca a disciplina e de sancionar as faltas que se poidan cometer.
-
s
f
-
s
f
-
Rama do coñecemento.
Ex: A física é unha disciplina de ensino obrigatorio en bacharelato.
-
[EDUC]
Cada unha das partes separadas dos programas escolares, é dicir, cada unha das materias que se ensinan nun centro educativo conformando un plan académico de estudios. O principio que mellor define tanto a necesidade como a natureza da disciplina, está na unidade do coñecemento. Esta é a razón pola que moitos temas e problemas escolares se tratan simultaneamente dende distintos puntos de vista e non unicamente como partes independentes que se recollen nas distintas materias. As disciplinas escolares pódense clasificar dependendo da natureza ou do interese dos coñecementos, e aínda do carácter e sentido que cada sistema escolar lles queira dar. Existen disciplinas que se consideran independentes aínda que a súa realidade disciplinar non o sexa, este é o caso, entre outras, da xeometría, tradicionalmente vinculada ás matemáticas. Pero tamén hai disciplinas independentes que se integran nun programa escolar e conforman unha única materia, por exemplo, a xeoloxía, a astronomía e a meteoroloxía que se xuntan na xeografía. Algunhas disciplinas organizan os seus contidos en función das necesidades dos alumnos considerando a realidade contextual, a vida familiar, o ambiente social, etc; nestes casos adquiren un sentido de apoio e aínda de medio que ten como obxectivo axudar a solucionar certos problemas de rendemento escolar. A disciplina está a perder protagonismo como elemento configurador dos proxectos curriculares, diante da tendencia dos sistemas educativos a organizar os currículos en áreas de coñecemento nas que se amosa unha realidade máis interdisciplinar; sen embargo, en determinados ámbitos educativos a disciplina segue a ser referente obrigado, especialmente cando se trata con aspectos específicos de formación ou especialización.
-
-
s
f
Utensilio feito de cadeas ou cordeis que utilizan os penitentes para flaxelarse. OBS: Emprégase normalmente en plural.