discreción
discreción
(
-
s
f
Calidade de discreto.
Ex: Conteille todo porque confío na súa discreción.
Antónimos: indiscreción. -
s
f
Facultade de actuar ou de decidir segundo o propio xuízo.
Ex: Deixei os últimos detalle á súa discreción.
-
Aplícase ao servizo de transporte colectivo que non fai viaxes regulares e depende dos seus intereses ou da conveniencia dos usuarios.
Frases feitas
-
A discreción 1 loc adv Na cantidade que queira cada un, sen poñer límite. SIN: a pracer. Ex: Abriu fogo a discreción. Comeron e beberon a discreción.
-
2 loc adv Sen condicións. OBS: Emprégase, sobre todo, cos verbos entregarse e reducirse. Ex: Preferiu morrer a enderse a discreción.
Refráns
- Boca pechada e ollo aberto non fan xamais desconcerto.
- Cale o que viu e fale o que pediu.
- Escoita e pensa antes de falar, se non queres errar e queres acertar.
- Matalas calando e apalpalas a cegas.
- Matalas calando e tomalas con tento.
- Nin todo o que pensas fales nin todo o que pensas cales.
- Ninguén se meta onde non deba.
- No entender, o primeiro; no falar, o derradeiro.
- Non digas que es pobre a quen rico facerte non pode.
- Non te fagas pobre a quen te non pode facer rico.
- O que sabe unha man que non o saiba a outra.
- Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda.
- Tapemos o noso fogo coa nos a cinsa.
- Tres cousas tes que coidar: oír, ver e calar.