disimilación

disimilación

(< disimilar)

s f [LING]

Proceso polo que dúas realizacións fonemáticas, articulatoriamente semellantes ou comúns, tenden a diferenciarse por medio da substitución ou desaparición dun son. Historicamente hai moitos casos, pero sincronicamente só se rexistran casos na fala vulgar ou dialectal (*somana por semana, *abril por abrir, *loiro por louro).