dispnea

dispnea

(

s f [PAT]

Sensación de dificultade na respiración asociada a un aumento do esforzo para respirar. Cando é lixeira, redúcese a unha sensación subxectiva, e cando é máis severa, hai sinais obxectivos, como o aumento da frecuencia respiratoria, o aumento da profundidade da inspiración, a dilatación do nariz e a contracción dos músculos accesorios. A dispnea pode deberse a unha alteración da composición do aire que se respira, a causas respiratorias, a causas cardíacas e tamén á alteración do sangue, ou a unha causa neuróxena de orixe psíquica. Pódese clasificar a dispnea en expiratoria, en que a saída de aire é dificultosa a causa dunha contracción dos bronquios pequenos, típica da asma, e en inspiratoria, en que a dificultade se produce no momento de inspirar o aire, xeralmente polas vías aéreas superiores.