dispoñer

dispoñer

(

  1. v t

    Colocar cousas ou persoas cunha certa orde ou distribución para un determinado fin.

    Ex: Dispón as cadeiras de xeito que ocupen pouco espacio.

    Sinónimos: dispor.
  2. v t

    Preparar algo cunha determinada finalidade.

    Ex: Dispuxo os cuartos por se viñan durmir os primos.

    Sinónimos: dispor.
  3. v t

    Dicir ou decidir alguén con autoridade qué e cómo se debe facer algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home propón e Deus dispón”.

    Ex: O alcalde dispuxo un día máis de festa. No testamento dispuxo que quería ser incinerado. OBS: O suxeito pode ser unha lei ou calquera outro texto legal. Ex: A lei dispón un prazo de quince días.

    Sinónimos: dispor.
  4. v i
    1. Facer ou poder facer uso de algo ou de alguén. OBS: Nesta acepción emprégase seguido da preposición de.

      Ex: Dispón de min e do meu diñeiro cando precises. Dispoño de pouco tempo para presentar a solicitude.

    2. [DER]

      Obrar libremente na disposición dos bens propios.

      Ex: Ata que faga os dezaoito anos non dispoñerá da súa herdanza.

    3. [DER]

      Facer testamento.

      Ex: Morreu hai tres días pero xa dispuxera.

  5. v pron

    Colocarse ou poñerse dunha determinada maneira ou orde.

    Ex: As nenas dispuxéronse en fila para entrar na aula.

  6. v pron

    Prepararse para facer algo ou ter a intención de facer algo. OBS: Nesta acepción emprégase seguido da preposición para ou a.

    Ex: Cando chamou dispoñíame a saír para ir ó traballo.

Palabras veciñas

dispneico -ca | dispondaico -ca | dispondeo | dispoñer | dispoñibilidade | dispoñible | dispor
Conxugar
VERBO dispoñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoño
dispós
dispón
dispoñemos
dispoñedes
dispoñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñía
dispoñías
dispoñía
dispoñiamos
dispoñiades
dispoñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxen
dispuxeches
dispuxo
dispuxemos
dispuxestes
dispuxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxera
dispuxeras
dispuxera
dispuxeramos
dispuxerades
dispuxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñerei
dispoñerás
dispoñerá
dispoñeremos
dispoñeredes
dispoñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñería
dispoñerías
dispoñería
dispoñeriamos
dispoñeriades
dispoñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoña
dispoñas
dispoña
dispoñamos
dispoñades
dispoñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxese
dispuxeses
dispuxese
dispuxesemos
dispuxesedes
dispuxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxer
dispuxeres
dispuxer
dispuxermos
dispuxerdes
dispuxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dispón
-
-
dispoñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñer
dispoñeres
dispoñer
dispoñermos
dispoñerdes
dispoñeren
Xerundio dispoñendo
Participio disposto
disposta
dispostos
dispostas