Distracción, La
Distracción, La
[PUBLIC]
Quincenario de carácter científico e literario editado en Pontevedra a partir do 15 de maio de 1847. Subtitulado “Periódico de Ciencias y Literatura”, cesou en novembro dese mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos Hijos de Vila y Cía e, posteriormente, nos talleres de Francisco A. Ruiz. Os seus redactores foron Miguel Rúa, Xosé Ramón Franco e Antolín Esperón, e contou coa colaboración de Martínez Padín, Xosé Domínguez Izquierdo, Xosé Puente Brañas e Xosé Mª Posada, entre outros. Dividiuse nas seccións “Ciencias Naturales”, “Literatura”, “Noticias”, “Precios de mercado” e “Anuncios”. Probablemente tivo unha segunda época de edición a partir de 1852.