disuasión

disuasión

(< lat dissuasĭōne)

  1. s f

    Acción de disuadir.

    Ex: A imposición de multas foi o mellor método de disuasión para conseguir reducir a velocidade.

  2. s f [POLÍT]

    Estratexia política internacional fundamentada na construción e acumulación de armamento co fin de desanimar os adversarios en potencia de tomar a iniciativa dunha agresión armada, que provocaría unha resposta máis destrutiva.

  3. s f [LIT]

    Termo que alude a unha das dúas opcións ou finalidades que persegue o xénero deliberativo, un dos tres xéneros oratorios recoñecidos desde Aristóteles xunto ao xudicial e ao epidíctico. Un discurso pertencente a este xénero ten como obxectivo argumentar a conveniencia ou non dunha determinada acción, atendendo, principalmente, á súa maior ou menor utilidade para a comunidade. Así se se aconsella levala a cabo, o discurso será suasorio e, no caso contrario, disuasorio. A base da disuasión está na acumulación de exemplos que ilustren a posición en contra adoptada polo orador.

Palabras veciñas

distrófico -ca | disturbio | disuadir | disuasión | disuasivo -va | disuasorio -ria | disulfuro