disxunto -ta
disxunto -ta
(< lat disiunctu ‘desunido’)
-
adx
Que está separado ou desunido.
-
adx
[BIOL/XEOG]
Relativo ás áreas bioxeográficas que non son continuas ou que están fragmentadas.
-
adx
[MAT]
Aplícase aos conxuntos que non teñen elementos en común. Por exemplo, se A= {1,2,5} e B= {3,4,6}, A e B son conxuntos disxuntos.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á cruz ou aspa cos brazos divididos e separados de dous en dous, polos seus eixes de simetría lonxitudinais.