DIU

DIU
Nome científico: [Dispositivo Intrauterino]
[MED]

Aparato de plástico que, inserido na cavidade do útero a través do orificio cervical, exerce un efecto anticonceptivo para impedir a implantación do óvulo e, xa que logo, evitar o embarazo. Existen dúas opcións de dispositivos intrauterinos, un que presenta unha banda de cobre ou cobre-plata ao seu redor, e outro que leva unha pequena cantidade da hormona proxesterona para aumentar a súa eficacia. Constitúe un método contraceptivo reversible, cunha eficacia entre o 97-99%, que permite reanudar a fertilidade no momento no que se retira. Os efectos adversos que pode presentar son hemorraxias, dor e infeccións xenitais, e o aumento do embarazo ectópico (fóra da cavidade do útero).

Palabras veciñas

Dityopteris | Dityota | Diu | DIU | diula | Diulgheroff, Nicolaj | diurese