dixéneo -a
dixéneo -a
(< 2 di- + grγένος ‘xeración’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos dixéneos.
-
s
m
[ANIMAL]
Platihelminto da subclase dos dixéneos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subclase de platihelmintos da clase dos trematodos, caracterizada por presentar alternancia entre unha reprodución sexual normal e unha reprodución por partenoxénese. O ciclo biolóxico desenvólvese en dous ou tres hospedeiros distintos. En estado adulto son parasitos internos dos vertebrados e en estado larvario, dos moluscos, aínda que poden parasitar un terceiro hospedeiro intermediario. Na maioría dos casos presentan dúas ventosas, unha arredor da boca e outra sobre a cara ventral (dístomos) ou posterior (anfistomas). Nalgúns casos a ventral pode estar ausente (monostomas).