Dixesto
Compilación da xurisprudencia romana clásica, elaborada por Triboniano entre o 530 e o 533 seguindo as ordes do emperador bizantino Xustiniano. Foi promulgada no 533 -co nome de Digesta sive Pandecta iuris- pola Constitución Tanta, que dividiu os cincuenta libros en sete partes: Prota, Pars iudicis, Pars rebus, Umbiculus, De testamentis e outros dous títulos sen nomear; posteriormente, pasou a formar parte do Corpus Iuris Civilis. Segundo o proxecto de Xustiniano, tiña como obxectivo a restauración do antigo Imperio Romano e da súa tradición xurídica e, ao mesmo tempo, a imposición dun conxunto de leis uniformes e homoxéneas sobre o vasto territorio do Imperio. Consérvase en diversas copias, a máis perfecta delas é Pandectae florentinae, realizada entre finais do sVI ou comezos do sVII.