Do brillante
Do brillante
[PUBLIC]
Revista publicada en Vigo a partir do ano 1994 e subtitulada “Voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos”. Dirixida por Mª Xosé López, contou cun consello de redacción formado por Luis Correa, Xosé Manuel Fernández e Toniño López. Incluíu colaboracións de Cándido Meixide, Marcos M. Valcárcel, Luis Prego, Héctor Silveiro, Xaquín Xesteira, Ramón Vázquez Acha e Carlos Igrexas, entre outros. Inseriu referencias á historia da gaita e á percusión en Galicia, partituras, panxoliñas, crítica musical sobre discos e libros, novas breves e artigos en homenaxe a Adelino Pichel, Celestino Carballa e outros músicos destacados.