Do Olmo

Do Olmo
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica olmo e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no século XV: “Roy do Olmo” (doc ano 1483 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 204).

Palabras veciñas

Do ermo | Do Mato | do moi | Do Olmo | Do Pazo | Do Pico | Do Porto