docere*

docere*
s m [LIT]

Parte do discurso, segundo a retórica clásica, que se identifica coa organización da persuasión que se utiliza na narratio e na argumentatio. Implica sempre o delectare e o movere, que apelan ás emocións do auditorio e contribúen a evitar o tedio na exposición. Dada a súa finalidade didáctica, debe caracterizarse pola utilitas (utilidade), claritas (claridade) e brevitas (brevidade).

Palabras veciñas

doceiro -ra | docencia | docente | docere* | docería | doceta | docético -ca