docetismo
docetismo
(
s
m
[RELIX]
Doutrina cristolóxica dos primeiros tempos da Igrexa que lle atribuía á persoa de Xesucristo un corpo aparente e negábaselle toda realidade á súa vida humana. Apareceu a finais da idade apostólica e difundiuse nos primeiros anos do s II, como intento de explicar racionalmente a encarnación e a paixón de Cristo desde o dualismo espiritualista gnóstico. Esta corrente de pensamento non chegou a organizarse nin a constituír un grupo sectario, pero manifestouse no transcurso dos séculos baixo diversas formas: valentinianos e marcionitas (ss II e III), monofisitas (s VI) e cátaros (s XI). Foi condenada como herexía no Concilio de Calcedonia de 451.