dogmatismo
(< lat dogmatismu)
-
s
m
-
Calidade de dogmático.
-
Actitude e procedemento que se adopta nos máis diversos campos, desde os filosóficos e relixiosos ata os políticos, que consiste no establecemento dunhas premisas dogmáticas, entendidas como axiomas e non demostradas racionalmente.
-
-
s
m
[FILOS]
Posición epistemolóxica cunha ilimitada confianza na razón que presupón unha coincidencia absoluta entre subxectividade e obxectividade no acto do coñecemento. Este modo de pensamento traballa con fórmulas e conceptos invariables, sen ter en conta as condicións de lugar e tempo, e omite polo tanto o principio que afirma o carácter concreto da verdade. Kant denominou dogmática a filosofía racionalista dende Descartes ata Christian Wolff e contrapúxoa ao seu criticismo. Na filosofía moderna, o dogmatismo está vinculado ás concepcións antidialécticas que negan as ideas da variabilidade e do desenvolvemento do mundo.