dogón

dogón
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo dos dogóns.

    2. s [ETN]

      Individuo do pobo dogón.

    3. s m pl [ETN]

      Pobo de África occidental que ocupa a rexión montañosa dos acantilados de Bandiagara, na parte suroccidental do Alto Níxer. A súa economía baséase na agricultura e nas aves de curral. A súa cultura é rica en técnicas artesás e ritos. O núcleo da sociedade dogón, de parentesco patrilineal, é a familia, agrupada baixo a autoridade do patriarca.

  1. s m [LING]

    Lingua pertencente ao phylum níxer-congo que se fala en Mali e Burkina Faso. É unha lingua tonal.

Palabras veciñas

dogmatizante | dogmatizar | dogo | dogón | dogre | Doğru Yol Partisi | Dogu Karadeniz