Domus Aurea
Domus Aurea
Construción palaciana edificada no monte Esquilino en Roma, polos arquitectos Severo e Céler en época de Nerón, tralo incendio da cidade. Estaba composta por edificios, xardíns, lagos artificiais e bosques, cunha extensión dunhas 50 ha. Foi destruída polos emperadores flavios e por Traxano, que construíu unhas termas sobre as ruínas. As escavacións sacaron á luz unha construción de 300 m de largo, centrada por un vestíbulo en forma de trapecio, cun peristilum nun dos seus lados e cuartos privados de planta octogonal no utro. No interior dos edificios destacaba a decoración ao fresco con grotescos.