Donapalla
Donapalla
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana que se asentou en Galicia. As súas armas levan, en campo de azul, unha espada de prata, gornecida de ouro, coa punta cara a arriba, pasando por un lunel, composto de catro medias lúas, de goles, e bordeado de cinco flores de lis, de ouro, unha no xefe, e dúas no pau a cada flanco; bordo de sinople, con oito aspas de ouro. Presenta tamén a variante Doñapalla.