Donfreán, pazo de
Donfreán, pazo de
Construción situada en Santiago de Catasós (Lalín). Segundo a inscrición dun brasón que alude á familia Montenegro, puido erixirse en 1741. Construíuse con cachotería e perpiaños. Destaca a solaina de tripla arcada pechada con balaústres de estilo barroco. No seu interior conserva un patio con arcos sobre piares. No exterior, destaca outro brasón que fai referencia ás familias Salgado, Varela e Oxea.