dopa
dopa
Nome científico:
[3,4-dihidroxifenilalanina: C<sub> 9</sub> H<sub> 11</sub> NO<sub> 4</sub> ]
s
f
[BIOQ]
Aminoácido monoaminocarboxílico que se dá en case todas as fabáceas e nos mamíferos. Provén da oxidación da tirosina catalizada pola tirosinasa. Ten unha grande importancia como paso intermedio na biosíntese das catecolaminas. Adminístrase como tratamento contra a enfermidade de Parkinson xa que é o precursor inmediato da dopamina e pode atravesar, a diferenza desta, a barreira hematoencefálica.