Dordogne

Dordogne

Departamento da rexión de Aquitania, Francia (9.060 km2; 389.400 h [1997]). A súa capital é Périgueux (30.280 h [1990]). Situada ao O do Macizo Central, o sector occidental está formado por amplas chairas e o sector oriental polos altiplanos de Périgueux. A rede hidrográfica está constituída polo río Dordogne e os seus afluentes. Malia o seu desenvolvemento industrial, a agricultura é o principal recurso económico.