dormitio Mariae*
dormitio Mariae*
[RELIX]
Expresión da literatura patrística para referirse á defunción da Virxe María, coa que se indica a imposibilidade de que, debido á súa virtude, o seu corpo experimentase a corrupción propia da morte e, simultaneamente, xustifícase a Ascensión en corpo e alma ao ceo. O principal impulsor desta teoría foi san Xoán Damasceno (650-749).