dorsal
(< lat dorsūāle)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao dorso.
-
espiña dorsal
[ANAT]
Columna vertebral.
-
músculo dorsal
[ANAT]
Músculo ancho e aplanado que cobre a parte inferior do dorso e que se estende dende a rexión lumbar ao húmero. Insírese nas apófises espiñentas das seis últimas vértebras dorsais, das lumbares e das sacras, na crista ilíaca e nas últimas catro costelas. Actúa como adutor e rotador do brazo cara a dentro e como elevador das últimas catro costelas.
-
adx
-
[LING]
-
adx
Relativo ou pertencente ao corpo da lingua.
-
adx e s
f
Que se produce co corpo da lingua, como poden ser todas as vocais ou as consoantes [k, g].
-
adx
-
s
m
[DEP]
-
Pequena peza téxtil que leva impresa o número que identifica o deportista que compite nunha carreira. Colócase no seu lombo (dorso), de xeito que sexa visible para os xuíces que controlan o desenvolvemento da proba. Nalgunhas disciplinas, especialmente no atletismo, como nas probas de velocidade, adoita desprazarse a colocación do dorsal ao peito ou a un costado do pantalón. Noutras modalidades deportivas, que combinan probas acuáticas e terrestres, como o tríathlon e o dúathlon, substitúese o dorsal por unha rotulación manual con tinta indeleble aplicada directamente sobre a pel das coxas e dos brazos dos participantes. Nas competicións ciclistas, ademais de no lombo dos corredores, o número do dorsal incorpórase ao cadro da bicicleta.
-
Estampación no dorso da camiseta do número que identifica individualmente os membros dun equipo deportivo. Normalmente, na maior parte dos deportes durante o transcurso dunha tempada, un xogador participa nas competicións oficiais sempre co mesmo dorsal, ben por esixencia da regulamentación, ben por interese comercial do seu club. En España, no fútbol profesional (Primeira e Segunda División) a práctica de reservar un número exclusivamente a un xogador adoptouse na tempada 1995-1996, xuntamente coa estampación do seu nome, apelido ou alcume; sen embargo, no fútbol afeccionado os xogadores titulares distribúense os números do 1 ao 11 e os reservas ou suplentes levan números a partir do 12. Esa práctica era habitual nos campionatos que se celebraban por concentración, é dicir, nas fases finais dos mundiais ou nas eurocopas. Noutros deportes, coma o baloncesto ou o balonmán, esta práctica xa se viña realizando con anterioridade; de feito, no baloncesto aprobáronse en varios casos solicitudes de clubs para retirar dos seus equipos os dorsais que luciron algúns xogadores extraordinarios, que marcaron época na súa entidade.
-
Participante que leva un dorsal.
-
-
[XEOG]
-
s
f
Aliñación de sistemas montañosos que seguen a mesma dirección e que constitúen unha unidade de relevo que divide un territorio en dúas áreas máis ou menos simétricas.
-
dorsal oceánica
Conxunto de dúas aliñacións paralelas de materiais magmáticos emerxidos no contacto entre dúas placas oceánicas, dunha lonxitude de decenas de miles de km e dunha anchura de centos de km. A partir da liña de contacto entre as placas, o magma que ascende en fusión á superficie solidifícase caendo a ambos os dous lados, o que orixina un relevo simétrico atravesado por un val (a liña de emerxencia), denominado rift.
-
s
f
-
s
f
[METEOR]
Prolongación, no relevo isobárico, das altas presións dun anticiclón, que presenta forma de cuña.
-
s
m
[ZOOL]
Cuncha de diferentes animais, como o cefalotórax dos crustáceos, os élitros dalgúns insectos, os rudimentos de cuncha nas lesmas ou a cuncha das tartarugas.