douradiña
douradiña
(< dourado)
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea de ata 20 cm de altura, con follas de bordo crinado e arredondadas. Presenta flores hermafroditas amarelentas duns 4 mm de diámetro, ovario ínfero, sen pétalos, con catro sépalos, oito estames e dous estigmas, que dan lugar a froitos en cápsula. As flores están dispostas en inflorescencia en corimbo dun verde amarelento con grandes brácteas elípticas. A planta ten propiedades astrinxentes e diuréticas.
-
s
f
[PLANTA]
Denominación que reciben os fentos que, como os do xénero Ceterach, teñen a capacidade para revirar as follas en condicións de sequidade ofrecendo ao exterior o envés densamente piloso, e de cor dourada, que dificulta o desecamento da planta.