doutrina
doutrina
(< lat doctrīna)
-
s
f
Conxunto de ideas, teorías ou opinións, que defenden unha ou varias persoas, nas que se basea unha relixión, un sistema político ou filosófico.
Ex: Xan defende a doutrina política do seu partido.
-
s
f
-
Conxunto de ideas dunha determinada rama do coñecemento.
Ex: A doutrina exposta pola escritora do libro non me convencía.
-
[RELIX]
Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo.
Ex: O párroco encargábase de lles explicar a doutrina ós fregueses.
-