draft*
draft*
s
m
[DEP]
Cerimonia que celebra a NBA (National Basket Association) para que os seus clubs elixan os xogadores menores de 22 anos que acceden por vez primeira á súa competición. Logo dunha ponderación das virtudes de cada xogador, establécese unha clasificación individual; para tentar garantir a competitividade na liga, os clubs van escollendo en función inversa ao posto acadado ao remate da tempada anterior.