Dredd, xuíz

Dredd, xuíz

Personaxe de cómic creado polo guionista John Wagner e polo debuxante Carlos Ezquerra. Publicouse na revista británica 2000 AD en marzo de 1977 e co tempo converteuse no personaxe máis coñecido do cómic británico. Nun mundo futurista, a acción transcorre en Mega City 1, unha megalópole situada na costa leste dos EE UU, onde o xuíz Dredd loita dun xeito particular contra os malvados. En 1995 levouse ás pantallas cinematográficas unha produción protagonizada por Sylvester Stallone. No 2001, 2000 AD e a produtora Shoreline asinaron un acordo para realizar dous filmes máis titulados Dredd Reckoning e Possession.