Dromas

Dromas
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves, da familia dos dromádidos, que comprende a especie D. ardeola, de 40 cm de lonxitude, con plumaxe -similar nos dous sexos- de cor branca, agás o lombo e a metade externa das alas que son negras e a cola cinsenta. Nos animais máis novos predominan as cores acastañadas. As patas son longas, de cor gris azulada e o peteiro longo, groso e de cor negra, que lles serve para triturar e alimentarse, principalmente de crustáceos e moluscos. Só crían un pito e, para adaptarse ás duras condicións de calor, escavan tobos de entre 100 e 250 cm de lonxitude. Forman colonias en medios areosos, como nas illas sedimentarias ou nas dunas das costas do Óceano Índico e do Golfo Pérsico, e esténdense ata Kenya, Tanzania, Madagascar, oeste da India e norte de Sri Lanka. Son aves divagantes e chegan ata o S de Europa. A poboación mundial está ao redor das 50.000 aves, que pertencen cando menos a unha ducia de colonias. Recibe a denominación popular de píllara garza.

Palabras veciñas

dromádido -da | dromaido -da | Dromaius | Dromas | Drôme | dromedario | Dromia