Drozo, pazo de
Drozo, pazo de
Construción situada en San Xoán de Anceis (Cambre). Ten planta en forma de U, que substituíu a primitiva planta rectangular, e está rodeado dunha muralla. En 1730 construíuse a solaina e a fonte situada na parte posterior. No exterior, a fachada principal ten arco de medio punto escarzano e brasóns que aluden á familia dos Piñeiro. Conserva un patín nunha das fachadas laterais, mentres que na outra se erixiu a capela.