Dubai
Dubai
Emirato dos Emiratos Árabes Unidos, na costa nororiental (3.750 km2; 737.000 [1997]). A capital é Dubai. Localizado á beira do Golfo Pérsico, no extremo SL da Península Arábiga, é o segundo estado da unión en superficie e poboación. Os sectores máis dinámicos da súa economía son a extracción de hidrocarburos (fundamentalmente petróleo) e o turismo; os seus atractivos naturais, a estabilidade política e o desenvolvemento da oferta hostaleira e das actividades de ocio convertérono nun dos destinos turísticos do mundo árabe.