duólogo
duólogo
(
s
m
[LIT]
Diálogo que se establece entre dous personaxes dunha peza teatral. Representa a primeira forma teatral, xurdida na Grecia antiga, cando Esquilo desligou do coro personaxes individuais que estableceron un intercambio verbal e romperon co monólogo narrativo e declamatorio do coro. Pola súa brevidade e economía de medios, é a forma teatral preferida cando se conta con presupostos limitados ou posibilidades materiais limitadas.