durión
durión
(
s
m
[PLANTA]
Árbore tropical do xénero Durio, da familia das bombacáceas. Posúe follas cun tomento dourado no reverso, e flores de cor branca ou amarela. Apréciase tanto polos seus froitos comestibles -de polpa manteigosa, de sabor exquisito, doce e lixeiramente balsámico, pero de cheiro forte e desagradable-, como pola súa madeira. Distribúese por Tailandia, Laos, Vietnam, Camboxa e Indomalaisia.