duunviro

duunviro

(< lat duumvĭru)

s m [HIST]

Maxistrado romano que exercía o seu cargo con outro compañeiro e que tiña unha xurisdición similar á dos cónsules. Desempeñaba funcións de tipo civil (xudicial ou administrativo) ou relixioso, e o seu mandato duraba un ano. Diferenciábase entre os duumviri capitales, que xulgaban os acusados ordinarios; os duumviri aediles, encargados da policía da cidade; os duumviri iure dicundo, que exercían labores de goberno sobre os municipios, onde dirixían o senado local e a administración; e os duunviri perduellonis, que tiñan un carácter extraordinario e que se ocupaban de perseguir e xulgar os delitos de traizón.