DVD

DVD
Nome científico: [Disco Versátil Dixital; ingl: Digital Video Disc]
[COMUN]

Sistema que permite o almacenamento ou a reprodución de son, imaxes e datos en formato dixital. Trátase dun disco máis rápido ca o CD que no formato vídeo pode gardar entre 2 e 8 horas de imaxe dixital, con 8 pistas de audio dixital, 32 pistas de subtítulos/karaoke, ata 9 ángulos de cámara, menús interactivos, rebobinado e avance ultrarrápidos, textos identificativos en varias linguaxes, etc. Os aparatos de reprodución, ademais dunha calidade de imaxe óptima que se achega á das pantallas cinematográficas, incorporan diversos sistemas de son, como o Dolby Surround, o Dolby Digital e o Dolby Digital Surround, segundo os modelos. Os contidos de DVD están protexidos polos sistemas de seguridade CPSA (Content Protection System Architecture). Os primeiros lectores de DVD apareceron en Xapón e EE UU en novembro de 1996, impulsados polas compañías Toshiba, Pioneer, Panasonic, Hitachi e Sony. No ano 2001 comezaron a comercializarse en Europa as primeiras gravadoras de vídeo en DVD, capaces de gravar e reproducir simultaneamente, promovidas por Philips e Panasonic.