Dygra Films
Empresa creada na Coruña en 1987. Desde os comezos centrou a súa actividade no desenvolvemento de contidos dixitais multimedia e audiovisuais. En 1997 produciu o CD-ROM Bicho, que recibiu o Trofeo LAUS de deseño e tres premios AGAPI, e en 1998 sacou ao mercado Quick Magic, un simulador de maxia, galardoado tamén co premio AGAPI ao mellor multimedia. No ano 2001 realizou, xunto coa empresa Megatrix S A U, o filme O bosque animado, a primeira produción europea de animación en 3D. Esta película, baseada na obra de Wenceslao Fernández Flórez, conseguiu dous Premios Goya na edición de 2002 á mellor película de animación e á mellor canción orixinal, interpretada por Luz Casal. Forma parte da Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI), da Asociación Española de Productores de Animación (AEPA) e da Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales de España (FAPAE).