Dzibichaltún
Dzibichaltún
Antiga cidade maia situada na península de Yucatán. O seu nome significa ‘onde hai escrituras sobre pedras planas’. Entre as estruturas arquitectónicas conservadas destacan o Templo de las Siete Muñecas e El Reloj, onde no solsticio de verán e no equinocio de primavera se produce un fenómeno de luz e sombra durante o amencer. En 1987 foi declarada Parque Nacional.