2 e
2 e
(
-
conx
Indica o enlace de dous ou máis termos ou cláusulas dun mesmo nivel que se unen por adición.
Ex: Comeu unha pera e unha mazá. OBS: Pode ir reforzada coa partícula mais formando a locución conxuntiva e mais co mesmo significado. Ex: O irmán e mais a irmá xogan e mais estudian xuntos.
-
conx
Indica valores contextuais próximos ao adversativo, consecutivo, condicional, causal ou outro.
Ex: Foi á tenda e non trouxo o que lle encargaron. Ti foches á reunión e sabes o que dixo. OBS: Pode ir reforzada coa partícula mais formando a locución conxuntiva e mais co mesmo significado. Ex: Puxen moita roupa e mais teño frío.
-
conx
Indica énfase cando vai ao comezo dunha frase.
Ex: E que queres que che diga eu?