Éaco

Éaco
[MIT]

Fillo de Zeus e da ninfa Exina. Desexoso de ter un pobo sobre o que reinar, conseguiu que Zeus convertese en homes os milleiros de formigas que poboaban a illa de Enone; a este novo pobo deulle o nome de mirmidóns (μύρμηκες ‘formigas’). Casou coa filla de Escirón, Endeis, coa que tivo dous fillos, Telamón e Peleo. Logo uniuse á filla de Nereo, Psámate, e tivo a Foco, que destacaría como un grande atleta. Precisamente, foi esta virtude a que espertaría os celos dos seus irmáns, que acabarían por matalo. Como castigo, Éaco, que pasa por ser o máis piadoso de todos os gregos, desterrou os seus fillos da illa. Segundo algunha lenda, participou na construción da muralla de Troia xunto con Apolo e Posidón. Trala súa morte, foi nomeado xuíz do Hades e ocupábase de xulgar as almas dos mortos.

Palabras veciñas

Ea | ea! | EAC | Éaco | Eads, James Buchanan | Eakins, Thomas | Ealing