Eco de Mugía, El

Eco de Mugía, El
[PUBLIC]

Xornal editado en Muxía a partir de 1902 subtitulado “Periódico independiente. Defensor de los intereses generales del partido judicial de Corcubión”. Fundado e dirixido por Gonzalo López Abente, cesou probablemente o 15 de xullo de 1904 (nº 42). Ademais das novas de carácter local, publicou diversos contos e poemas, moitos deles en galego, asinados por Aurelio Ribalta, Galo Salinas, Francisco Tettamancy, Uxío Carré Aldao, Salvador Golpe, Víctor Castro e Victorino Abente, entre outros. No nº 21, editado en setembro de 1903, reproduciuse o poema “A romaría da Barca” de Rosalía de Castro, e un conto de Enrique Labarta Pose sobre o devandito tema.