Eco del Miño, El
Eco del Miño, El
[PUBLIC]
Periódico bisemanal aparecido en Tui o 14 de agosto de 1879 e que cesou a súa edición en xuño de 1883. Fundado e dirixido por Luís Zamora Carrete, aos dous meses foi substituído por Xusto Salvador Cabezas. Contou coa colaboración de Antonio Cerviño, Enrique Sánchez, Xavier Pimentel e Teodoro S. Patiño. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de L. Pérez Hermida. Ademais de información de carácter xeral, incluíu crónicas locais e variedades. Como publicación de tendencia católico-tradicional-carlista, mantivo diversos enfrontamentos cos xornais vigueses La Concordia e Faro de Vigo, e El Anunciador de Pontevedra.