Ecovigo Publicidad

Ecovigo Publicidad

Axencia de publicidade fundada en 1960 por Emilio e José del Río. Foi a primeira axencia galega en realizar anuncios para a televisión, a finais dos anos sesenta, e tras vinte anos no mercado considérase unha construtora de marcas que define comercialmente as empresas que promociona. Dentro da súa carteira de clientes aparecen empresas como Faro de Vigo, Caixanova e Augas de Mondariz, e institucións como o Concello de Vigo. En 1993 foron premiados con dous Pavos Reales polo anuncio Compostela 93 do Consorcio de Santiago de Compostela e en 1998 co premio ao mellor anuncio do ano concedido pola RTVE en Galicia polo anuncio Avó e neno de Caixavigo.

Palabras veciñas

ecotopo | ecotoxicoloxía | ecoturismo | Ecovigo Publicidad | ECOWAS | ecoxeografía | ECS