Ectocarpus

Ectocarpus
[PROTISTA]

Xénero de algas pardas, de filamentos sinxelos, constituídos por células cilíndricas lixeiramente inchadas, provistas de cloroplastos en cadeas ramificadas. O ciclo vital presenta anisogamia funcional: os gametos femininos, que se fixan ao substrato primeiro, producen unha erotactina que atrae quimiotacticamente aos gametos masculinos (ectocarpina). Amplamente distribuído, a especie E. fasciculatus aparece como epifita na costa galega no talo de grandes algas, como as do xénero Laminaria.

Palabras veciñas

Ectobius | ectobranquia | ectocarpal | Ectocarpus | ectoderma | ectodérmico -ca | ectofilo