ECU
ECU
[ECON]
Unidade monetaria de conta da Comunidade Económica Europea vixente entre 1979 e 1999. Definíase pola suma ponderada das moedas de doce dos quince estados membros. As porcentaxes de participación na composición calculábanse sobre a base do PNB e o volume comercial de cada Estado. Utilizábase, sobre todo, como referencia no establecemento do cambio entre as moedas dos estados membros e nas operacións de intervención e de crédito. En 1989 incorporouse a peseta. Deixou de existir coa entrada en vigor da Unión Política e Monetaria establecida polo Tratado de Maastricht (1993), ao tempo que entraba en vigor a moeda única europea.